Preguntas frecuentes
Quen poden participar en X Talento Challenge?
Poden participar mozos e mozas de entre 14 e 21 anos nacidos/as entre 2005 e 2012 no momento da inscrición (2026).
Como son os equipos de participación?
A participación realízase mediante equipos de entre 5 e 10 integrantes, respectando un equilibrio mínimo do 25 % - 75 % entre persoas con e sen discapacidade, segundo os seguintes criterios:
| TOTAL INTEGRANTES EQUIPO |
Mínimo de integrantes CON discapacidade |
Mínimo de integrantes SEN discapacidade |
|---|---|---|
| 5-6 | 1 | 1 |
| 7-10 | 2 | 2 |
Os equipos deberán estar acompañados por 1 ou 2 titores/as, que pode ser docentes, monitores/as de lecer e tempo libre, responsábeis de grupo etc., e estar amparados por unha entidade con personalidade xurídica propia (centro educativo, asociación, fundación, grupo de lecer e tempo libre...).
Cales son as funcións do titor, titora ou titores/as?
O titor, titora ou titores/as encargaranse de:
- Inscribirse no concurso a través da web.
- Dar de alta o equipo na área privada.
- Actuar como nexo de comunicación entre Fundación ONCE e o equipo
- Coordinar as sesións de mentoring en caso de pasar á FASE 2.
- Acompañar e guiar o equipo durante todo o proceso.
- Entregar correctamente os materiais e documentos requiridos na área privada.
Podo presentar un equipo, como titor ou titora, sendo unha persoa allea a algunha organización ou entidade con personalidade xurídica propia?
Non. Os titores ou titoras deberán estar vinculados a unha entidade con personalidade xurídica propia (centro educativo, asociación, fundación, grupo de lecer e tempo libre etc.) e acreditalo no formulario de participación. Non se permite a participación a título individual..
E se me falta o número mínimo de persoas con discapacidade para poder formar un equipo?
Se tes interese en participar, pero necesitas incorporar persoas con ou sen discapacidade para completar o equipo, recomendámosche buscar primeiro no teu ámbito próximo (amizades, compañeiros/as, coñecidos/as), xa que os equipos que parten de relacións previas adoitan mostrar maior cohesión e motivación. Tamén podes contactar con algunha entidade ou asociación relacionada con discapacidade a nivel local.
Teño que xustificar a discapacidade dos participantes do meu equipo?
Para inscribirse en X Talento Challenge non é necesario achegar ningunha acreditación de discapacidade.
Con todo, naqueles casos nos que existan dúbidas razoábeis sobre a correcta composición do equipo ou sobre a participación efectiva dos seus integrantes no desenvolvemento do proxecto, a organización poderá solicitar a documentación acreditativa correspondente. Se esta documentación non se achega dentro do prazo indicado, o equipo podería perder a continuidade no concurso ou, en caso de resultar gañador, o dereito ao premio, que pasaría ao seguinte equipo segundo a clasificación do xurado.
O mesmo ocorrerá se algunha persoa integrante, con ou sen discapacidade, non cumpre os rangos de idade establecidos para participar no programa.
Poden os mozos e mozas rexistrarse e participar pola súa conta?
Non. A participación debe realizarse sempre mediante , vinculado/a a unha entidade con personalidade xurídica propia (centro educativo, asociación, fundación, grupo de lecer e tempo libre etc.).
A inscrición e a xestión do equipo realízanse exclusivamente desde a área privada do titor/a.
Deben facilitar os participantes algún dato persoal durante o proceso de participación?
Non se solicitará ningún dato persoal das persoas integrantes dos equipos. Unicamente se pedirá o ano de nacemento e o sexo (home, muller ou prefire non indicalo) de cada participante. Esta información utilízase exclusivamente para fins estatísticos e de análise de participación, ademais de para verificar que se cumpren os requisitos de idade establecidos no programa.
Cantas fases de participación hai?
O concurso consta de dúas fases de participación e unha fase final de valoración de propostas e resolución de gañadores:
- FASE 1 (ata o 16 de decembro de 2026): os equipos realizan unha primeira aproximación do seu proxecto completando o Modelo de Resumo do Proxecto dispoñíbel na área privada.
- FASE 2 (ata o 16 de abril de 2027): os equipos desenvolven o seu proxecto con apoio de mentoring profesional, elaborando o Plan do Proxecto xunto co seu Resumo e o documento de Habilidades do Equipo.
- FASE FINAL: Tras a valoración das propostas recibidas ao longo desta fase, os cinco equipos finalistas serán convidados a un encontro presencial en Madrid, onde presentarán o seu proxecto ante o xurado. Tras estas presentacións, o xurado seleccionará os dous equipos gañadores, que recibirán 5000 € netos para poñer en marcha o seu proxecto de impacto social positivo.
Hai unhas especificacións obrigatorias para o traballo?
Si. Cada fase ten materiais que hai que entregar obrigatoriamente e que deben presentarse seguindo as indicacións establecidas na guía didáctica dispoñíbel na área privada. Os documentos correspondentes deberán cargarse no apartado de ENTREGA DE PROXECTO, dentro da área privada da web.
Teño unha dúbida ou problema respecto ao programa. Por que canles podo contactar?
Podes contactar coa organización mediante:
- O formulario de contacto dispoñíbel na web.
- O correo electrónico xtalentochallenge@gen.fundaciononce.es
- O teléfono 900 26 47 95, en horario de 09.30 a 13.30 horas, de luns a venres.